Monday 13 de May de 2024

O programa de Nadal de Ordes achegará este venres o conto ‘O Nadal no bosque’ ata a biblioteca municipal


O Programa de Nadal organizado polo Concello de Ordes continúa este venres cunha sesión de contacontos na biblioteca municipal. A cita está posta para as 18.30 horas e nesta ocasión ofrecerase o relato ‘O Nadal no bosque’. Unha convocatoria especialmente dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, así como a aqueles pais, nais e coidadores que queiran participar conxuntamente na actividade.